Xulio López Valcárcel, poeta gallego (Galicia, España): dos poemas imprescindibles: A NAI y POEMA DOS DONS


XULIO LÓPEZ VARCÁRCEL (Lugo, 1953)

Xulio López Valcárcel é licenciado en Dereito e Procurador dos Tribunais.
Escritor de relatos, novelas e ensaios, así como artigos en prensa e radio sobre arte e literatura; con todo, aquí interésanos por ser un dos mellores poetas en lingua galega. Pertence á Xeración Poética dos Oitenta. 
Autor con numerosos galardones, entre os que figuran o Premio Nacional de Poesía para menores de 25 anos, o Premio Guimaraes, en Portugal, o Premio "Celso Emilio Ferreiro" do Concello de Santiago de Compostela en 1979, o Premio "Antonio Tovar" en Orense, o Premio Miguel González Garcés (1993), o Premio "Irmandade do libro", outorgado pola Federación de libreros, (2002) e o Premio da Crítica de poesía galega en 1994 e 2004.


A NAI

A nai cando era nena
soñaba veleiros brancos:
interrogaba o porvir
tecendo panos e cantos,
(…)
Peíños descalzos na herba
e as canelas no orballo,
buscando o seu rostro nas nubes
ficaba suspensa en abraio,
pensando días futuros,
soñaba veleiros brancos.
Mais polo ceo sen tempo
dos seus ollos, leves no leve,
brancos no Branco,
seguen a cruzar ténues,
venturosos, imposíbeis,
aqueles veleiros leves,
aqueles veleiros brancos.


Comentarios